Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ferrol
Parroquia: Serantes (San Salvador)
Lugar: Aneiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A estrutura arquitectónica desta igrexa é de planta rectangular, e nela inscríbense unha única nave, o presbiterio e unha sancristía rectangular. A cuberta é a diferentes augas, segundo os corpos, cunha cubrición de fibrocemento. Os muros son de carga, presentando cantería en esquinais e recercado de ocos.
A fachada principal do templo reúne o conxunto dos principais elementos ornamentais. Nela ábrense tres ocos rematados en arcos de medio punto (que dan lugar a un pórtico cuberto con bóvedas de aresta), ocupando a práctica totalidade da súa fronte e, á súa vez, outorgando un efecto de mobilidade e lixeireza ao muro. Sobre estes ocos está situada unha fiestra semicircular, que permite a iluminación natural do coro alto. Por último, un frontón triangular pecha o conxunto, situándose tras del unha espadaña de dous ocos rematada nun pequeno frontón. O xogo de simetrías e elementos xeométricos, xunto co trazado simple e de gran sobriedade que compoñen a fachada fan desta un dos máis claros exemplos do neoclásico rural que se inscribe no territorio ferrolán.
Interiormente a ábsida cóbrese, por medio dunha bóveda de aresta, estando presidida por un retablo de madeira e elementos neogóticos que se sitúa no espazo que propicia un arco carpanel apainelado.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
“Iglesia de Serantes”, Galicia: revista universal de este Reino, ano 6, número 17. A Coruña 1865. Páx.257.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4999221Lonxitude: -8.2462611
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xul 9, 2014
Coma información complementaria, comparto o enlace á ficha (B.14) do Catálogo do PXOM (2000) vixente no concello:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/FERROL/documents/0184CA005.pdf