Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Camariñas
Parroquia: Santa María de Xaviña
Lugar: Tasaraño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Coñécese como Pazo dos Mouzo por seren estes os derradeiros propietarios. Este pazo de estilo barroco complétase con dous magníficos exemplares de cabazos tipo Costa da Morte, un pombal e varias construccións anexas. O volume de traza cúbica érguese por riba do nivel da rúa, accedendo ó edificio a través dunha escaleira de pedra lonxitudinal, sinalando o eixo de simetría que compón os vans da fachada principal. A parte central do edificio queda remarcada polo emprego da cantería no paramento e maila portada de entrada con arco de medio punto e flanqueado por dúas pilastras situadas baixo unha moldura quebrada á maneira de cornixa.. No nivel superior, unha xanela, modelo semellante ás que compoñen o resto do edificio.
A planta baixa conta con outras dúas entradas ás oficinas, unhaa no lateral e outra na parte posterior. Como xa queda dito a pedra ocupa un lugar destacado na composición, empregándose tamén nos esquinais, no zócolo e na liña de cornixa. Esta queda interrompida na fachada principal por un tramo curvo de cantería cunha xanela circular no medio. O resto dos panos quedan revocados e pintados de branco. A cuberta ten tella do país, disposta en catro augas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND,J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ,X.: “Arquitectura da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Deputación da Coruña,1998.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.14007604583417
Lonxitude: -9.146965742111206
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84