Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Vilamarín
Parroquia: Vilamarín (Santiago)
Lugar: Borulfe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Canastro feito en boa pedra, con cámara en tipoloxía propia do Morrazo. As doelas están dispostas en sentido vertical deixando rañuras de ventilación tamén verticais.
Nos penais, pequenas portas de madeira, por enriba de elas pinche con pequena rañura horizontal e na cima sinxelas sobrepenas. A cuberta e a dúas augas con tella curva do país.
Apoia sobre tres pares de pés de sección cadrada con arestas biseladas na zona central. Sobre estes, aséntanse os tornarratos circulares, rebaixados na zona que sobresaen da cámara.

Este tipo de hórreos non son moi comúns pola zona, sendo máis habituais doutros estilos máis propios da comarca, como os de tipoloxía mixta en pedra e madeira ou única solo en madeira.
Sitúase no interior do pobo de Borulfe, na beirarrúa do camiño principal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4527054474
Lonxitude: -7.90964663029
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84