Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cenlle
Parroquia: Trasariz (Santiago)
Lugar: Trasariz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Situada na parte alta da aldea, obsérvase unha ampla panorámica. Consta dunha nave de planta rectangular con ábsida cadrada destacada en planta e sancristía de parede medianeira co muro sur da nave. Muros de cantaría de pedra de gran rematados por cornixa. Porta principal cuberta por un arco de medio punto sostido en rexos contrafortes que soportan a torre campanario cadrada e pechada con tellado a catro augas sobre cornixa moldurada. Cuberta a dúas augas na nave e a tres na ábsida con tella curva. O cemiterio desenvólvese ao redor.
No interior consévase unha ara romana adicada a Xúpiter, utilizada como pía de auga bendita.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM do Concello de Cenlle


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.324703
Lonxitude: -8.0720947
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84