Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa María de Lira
Lugar: Lira
Outra denominación do ben: Castro de Miñarzo
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro áchase totalmente desfigurado ó estar tódolos terrapléns e parapetos que o cinguen cheos de construccións que modificaron o estado primitivo do recinto. Na actualidade forma parte das aldeas que o cinguen e emprégase como patio de corral dos animais domésticos que posuen os propietarios destas casas. Ten unha estructura de forma ovalada irregular e acusadamente inclinada de sur a norte. A súas medidas son de 60 metros de norte a sur e de 65 de leste a oeste. Emprázase no cume dun outeiro de escasas dimensións perfectamente aillado dos pequenos sistemas orográficos que dende o límite dos concellos de Carnota e Muros esténdese ata as súas respectivas costas, a praia de carnota e Lira e os amplos seos de San Francisco de Louro e Muros.
O castro aséntase nun destes derradeiros outeiros próximas ó mar e somentes limitada a súa visión de todo o territorio que o arrodea polos pequenos coutos de Os Remedios (94 m.) e o Bico do Santo (55 m.).
As súas condicións de defensa eran boas ó posuir dende a súa posición estratéxica unhas perfectas posibilidades de visión do territorio. As terras que o arrodean están a un menor desnivel, principalmente no sector do levante que se corresponde as casas comprendidas entre a croa e a xeral Muros-Cee, que se atopa a 11 metros de desnivel. Por esta banda a pequena e estreita rúa que bordea o perímetro castrexo inicia un acusado descenso e logo unha subida que se camiña en dirección sur, leste e norte.
Non se chegaron a facer ningunha prospeccións arqueoloxicas que se saiban.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-P. REY CASTIÑEIRAS: 1985. p.78.
-AGROFOXO PEREZ, X.: “A cultura castrexa no concellos de Outes, Muros e Carnota”. Sementeira, 1991.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O seu estado é moi malo, está en pésimo estado de conservación, agás da parte do parapeto sur, as demáis estructuras defensivas atópanse derrubadas.
Onde está localizado
Latitude: 42.79839218870202Lonxitude: -9.132063388824463
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Set 28, 2011
Enlazo o catálogo:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARNOTA/documents/0108CA001.pdf
e o plano de ordenación correspondente ao ámbito das N.S.P. (1996) vixentes:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARNOTA/documents/0108PB014.jpg
Oscar Franco says:
Ago 31, 2022
O castro de Lira posúe o código GA 15020015.