Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Noia
Parroquia: San Martiño de Noia
Lugar: Noia
Outra denominación do ben: Casa de Rivas
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Construción orixinal do século XIV, no ano 1339. Na parte dereita da súa porta principal pon: ESTAS CASAS MANDOU FACER V(a) S(co) DACOSTA. E(ra)D(e) M.CCCLXXVII. Ten unha planta irregular. Consta de catro alturas e os muros son de cadeirado e de cachotaría, a súa cuberta é de tella.Ten un marcado aspecto de fortificación. Na fachada destacan catro arcos góticos na planta baixa, formando un soportal que se integra na rúa. Ten dous balcóns, no lateral, con varanda de ferro, dous escudos na liña de paso da primeira á segunda planta xunto con outro brasón nos soportais. Na cornixa tres grandes gárgolas de cantería. Hoxe a súa parte baixa alberga unha taberna. Noutro tempo fora rexentada polo poeta Antón Avilés de Taramancos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Noia: Unha vila histórica .Dende a orixe ata a edade moderna.Xerardo Agrafoxo Pérez ISBN 84-398-9361-Z
Guía Turístico Cultural. Xoán X.Mariño. Comisión de Cultura Concello de Noia. Dep.Legal C-726-88
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(pax.14)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.782897618
Lonxitude: -8.88850808144
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84