Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: O Barco de Valdeorras
Parroquia: Xagoaza (San Miguel)
Lugar: Ferradal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

As primeiras referencias datan do ano 1092, no tumbo de San Pedro de Montes. No 1252 pasa a ser propiedade da Encomenda de Quiroga da orde dos Hospitalarios de San Xoán de Xerusalén, máis tarde coñecidos como Hospitalarios e Orde de Malta; a súa divisa, a cruz de oito puntas, aparece na portada da igrexa e na escaleira do patio do priorado. Restaurado, o edificio monacal conta no seu interior cun pequeno claustro, porticado no piso inferior e con galerías de madeira no superior que se acondicionou para actos culturais. As instalacións acollen tamén unha adega de viños e augardentes.
A igrexa románica (s. XII-XIII) presenta nave con artesoado de madeira, ábsida semicircular cuberta con bóveda de cascarón e presbiterio de dous tramos, un recto con bóveda de medio canón, e un curvo na cabeceira cuberto cun cuarto de laranxa. A espadana é do século XVI. No interior consérvanse restos de pinturas manieristas no presbiterio datadas no ano 1586, un retábulo barroco do 1679 de Juan Pascual de Barrio, con columnas estriadas en ziguezague, e unha custodia do 1669 da autoría de Matías González.
Na parte alta da finca atópase unha casa rural restaurada, que conta cunha cova-adega, unha fonte, outra no patio do mosteiros; e augas arriba do Mariñán, a vella ponte da Acea a carón dos restos dun muíño.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mosteiros de Galiza en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OBARCODEVALDEORRAS/documents/0419CA003.PDF
pax 17


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4347174675
Lonxitude: -7.00391292572
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84