Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Paderne
Parroquia: San Pantaleón das Viñas
Lugar: A Ínsua
Outra denominación do ben: Castro de Ínsua
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O recinto do castro aínda conserva parte da súa configuración primitiva a pesares das alteracións sufridas ao longo do tempo. Segundo a ficha do pxom do concello de Paderne do ano 2009, tería un recinto oval cuxos eixos medirían: en dirección NNW-SSE uns 125 metros, e en dirección NNE-SSW ao redor de 100. Na parte oeste podería ter habido un antecastro ou un sistema defensivo máis complexo, debido aos aterrazamentos que aínda se conservan , pero de maneira alterada. Polo leste descende cara o río Lambre en varias terrazas de fortes pendentes que poderían ser , polo menos a primeira, parte da estrutura do recinto.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA-15064001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Webs
http://www.concellodepaderne.com/castros.html (co nome Castro de Insua en Viñas)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca016.PDF (pax 7 do pdf)
Plano de pendentes Lidar 2009 coas pendentes da zona do Castro de Montecelo
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0045A-0801.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3323577825
Lonxitude: -8.2021522522
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84