Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Villestro (Santa María)
Lugar: Roxos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A igrexa ten planta rectangular con sancristía acaroada ao lado esquerdo. Os muros están pintados de branco e o teito vai a dúas augas. A fachada está feita a base perpiaños de granito de forma irregular, con porta alintelada que leva na parte de enriba un pequeno óculo con molduras. Remata con espadana de dous ocos con arcos de medio punto e con pináculos nos extremos, no cume desta, un edículo triangular con oco e rematado en cruz. A capela substitúe a outra máis antiga que estaba máis a carón da estrada e a poucos metros cara o sur.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.PDF (pax 54 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.877096277
Lonxitude: -8.6092042923
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84