Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baiona
Parroquia: Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A fonte do Pombal,construída arredor do ano 1560, está feita en pedra granítica. De trazas gótica, consta dun arco feito no muro da Casa de Cristo Rei.
O máis destacado dela son as tres labras heráldicas que podemos ver na fachada, xusto enriba do arco: o escudo do centro posúe unha orla da Orde do Toisón de Ouro que representa as armas da Casa Real de España do século XVI; á esquerda aparece o da vila de Baiona; á dereita un terceiro escudo imposible de recoñecer debido á súa erosión.

A fonte ten unha arqueta e unha mina pechadas por portas de ferro, un cano útil e dous inservibles, banco de pedra e repousadoiro. Na súa parte posterior ten un pequeno lavadoiro de tres metros.

Unha placa fai referencia as restauracións que tivo nos anos 1593, 1734 (ano en que os escudos estaban tirados polo chan) e 1993.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1093308841
Lonxitude: -8.83264053857
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84