Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Baiona
Parroquia: Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)
Lugar: A Ramallosa
Outra denominación do ben: Casa de Cadaval
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construída no século XVIII por D. Pedro Cadaval San Román baixo o mecenazgo de D. Bartolomé Losada, presbítero da Ramallosa.
O pazo posúe planta en forma de L, baixo e piso. Está feito a base de cantaría granítica de boa factura e teitume a dúas augas con tella curva do país.

Na fachada destaca un balcón sostido por cinco grandes ménsulas molduradas.
Tamén podemos ver dous escudos heráldicos coas armas dos Rivera, Taboada e Losada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Na súa finca podemos ver tamén un fermoso hórreo e un pombal de planta cadrada de gran tamaño.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINA WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BAIONA/documents/27615ca001.PDF (Páxina 62)

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
Pérez Pérez, Carmen. “Un percorrido pola historia do Val Miñor”. Deputación de Pontevedra. 2012.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1149699702
Lonxitude: -8.8126578927
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84