Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Noia
Parroquia: San Martiño de Noia
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Chamado así por haber en Noia tres hospitais nos principios do século XIV. Dous non existen: o de S. Lázaro e o do Espíritu Santo, chamado “De Afora” e que estaba fóra das murallas. Foi destruído e a súa porta atópase na Casa Consistorial. Do que estamos a falar é unha construción orixinal anterior a 1476, en que se funda e dota como hospital. Foi un hospital que servía de albergue aos peregrinos que ían a Compostela ou que viñan de alí rumbo a Fisterra. Logo converteuse nun asilo para anciáns, máis tarde no colexio da vila e na Casa da Gramática. Hoxe está ocupado por dependencias municipais. Consta de tres pisos e os muros combinan cadeirado e cachotaría. O edificio está moi reformado, cun engadido superior de ladrillo. Conserva un pórtico de arco apuntado con bólas e puntas de cravo e unha porta gótica coas vieiras, que simbolizan o señorío compostelano. No tímpano hai unha repisa para unha imaxe hoxe desaparecida.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Noia: Unha vila histórica .Dende a orixe ata a edade moderna.Xerardo Agrafoxo Pérez ISBN 84-398-9361-Z
Guía Turístico Cultural. Xoán X.Mariño. Comisión de Cultura Concello de Noia. Dep.Legal C-726-88
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOIA/documents/0252CA001.pdf
(pax.14)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7829881717Lonxitude: -8.88669490814
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84