Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Laxe
Parroquia: San Estevo de Soesto
Lugar: Arrueiro
Outra denominación do ben: Pazo do Arrueiro
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construído no século XVI sobre un anterior no que residiu o rei Afonso IX, este pazo situado na parroquia de Soesto conserva o encanto da pedra, con elementos constructivos sinxelos e a vez grandiosos. Con grandes bloques de sillería, levántase o edificio de planta rectangular con dous andares, menos na do centro, onde ten tres andares sobre as que destacan unhas grandiosas chimeneas. As sinxelas fachadas de galeria e a escasa decoración danlle un aspecto de desnudez pétrea tan só salpicado cun escudo de armas da familia Leis. Todo o conxunto está cinguido por un fermoso xardín con abundancia de hortensias e palmeiras no que se sitúa o pombar.
Como xa comentamos antes, ocupa o mesmo lugar do que foi un día residencia de Afonso IX (1171-1230) Rei de Galicia e León e incluso antes, de Afonso VII, o Emperador (1105-1157), que foi primeiro Rei da Galiza (1111), despois de Castela e León (1126) e, finalmente, Emperador en 1135, recoñecéndose así formalmente a súa supremacía polos demáis reis cristianos, e que se criou baixo a tutela do Conde de Trava no Mosteiro de Moraime, a uns 25 ou 30 Kms. de aquí.
O pazo actual foi fundado no 1570 por Gonzalo Posse o vello, quen no 1576, erixío unha capela lateral á virxe do Rosario na igrexa parroquial de San Estevo de Soesto, na que permanece nesta familia ata que, a finais do século XVII, Teresa Posse Pérez de Antelo contrae matrimonio con Rodrigo de Leis-Vilardefrancos, descendente da estirpe titular da veciña casa de Mordomo-Traba. Sucédelles o seu fillo Rodrigo de Leis-Vilardefrancos Posse e a este, Francisco Antonio de Leis-Vilardefrancos que se casou coa súa prima María Quiteria Vermúdez de Castro, filla dos Señores das Hedreiras, Mira e Boallo, sucedéndolles o seu fillo Rodrigo Sancho de Leis, quen se casou con Josefa Vicenta Santiyán Velasco y Valdivieso, de familia fidalga de Cantabria. Éste último, como descendente de Gonzalo Posse o vello, reclamou no 1745 o seu dereito a enterrar a súa nai na igrexa de Soesto, onde xa estaba enterrado seu pai e, no 1748, trasladou a súa residencia ó Pazo de Boallo, en Berdoias e despois, a Santiago, onde o seu fillo, José de Leis y Santiyán, nado no Pazo de Soesto, foi profesor universitario e chegou a ser Alcalde Maior.
Finalmente, o 24 de Agosto de 1887, D.ª Josefa Vicenta Gutiérrez de Caviedes e Leis, escritúrao a favor dun Avogado de Verín, sobriño do seu home, D. Ramón Blanco-Rajoy Poyán, en pago dunha deuda.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2005909815322
Lonxitude: -9.015727937221527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84