Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (San Mamede)
Lugar: Caldebarcos
Outra denominación do ben: Antigo cruceiro de San Cibrán
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma nen pedestal. Situado nunha terraza dunha casa, ten un varal cuadrangular de formigón ó igual co seu capitel troncopiramidal invertido. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai suxeito cunha corda. Ós pés de Cristo ten unha imaxe pregando. O cruceiro ten unha combinación de formigón e o granito da súa cruz cun estado regular de conservación. Esta cruz pertenceu a un cruceiro situado no lugar de san Cibrán e foi trasladado polo seu dono ata o emprazamento actual xa fai moitos anos. Na parede da casa ten unha cartela que pon: “A DEVOCIÓN DE MANUEL MARTÍNEZ ANO 1924”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol. I; Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.852840834
Lonxitude: -9.11813497536
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84