Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (Santa Comba)
Lugar: Valdalouxa-Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Chegamos a estes petróglifos dende o lugar de Vilar de Carnota, collendo un camiño situado na casa máis alta de Vilar. Subindo por este camiño a uns 350 metros, pasando unha zona chá por onde pasa unha liña eléctrica, e onde comenza a curva que sobe á dereita, (no mesmo lado do camiño ca primeira estación de petróglifos anterior), a uns 10-15 metros da pista ollamos unhas pedras que levantan uns 1´50-2 metros sobre o nivel do terreo. Na superficie máis alta da pedra está situado o gravado composto por unha combinación de liñas curvas con cazoleta central e cunha pequena coviña ó seu carón, cunhas dimensións de 50 x 36 centímetros. Esta rocha tamén ten unha gran cazoleta a carón dos petróglifos feita de maneira natural. Estos gravados teñen un pouquiño máis de dificultade de atopar co anterior situado 50 metros máis abaixo da pista.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. 2008, Santa Comba (2ª edición).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8134775588
Lonxitude: -9.08933073291
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84