Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Taboada
Parroquia: Vilela (San Miguel)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Localizado por José Manuel Sobrado no ano 2001; anepígrafo, actuaba como soporte dun hórreo. Segundo información recollida en “Miliarios e outras inscricións viarias romanas do Noroeste Hispánico” (2004), de Rodríguez Colmenero, Ferrer Sierra e Álvarez Asorey, atopábase tumbado diante da casa dun veciño (a casa do Laxo, coñecida tamén como casa do Vitorino), sinalando que o seu mérito principal residía en que poñía de manifesto o paso da vía nun tramo no que non se coñecían monumentos deste tipo. O cilindro, de granito de gran goso, medía 1,26 metros de longo e cun diámetro nos extremos de 43 e 48 centímetros respectivamente. (2ª foto extraída da obra citada).

Que fale deste miliario en pasado non é gratuíto. O día 31 de xullo de 2014 achegámonos ata o sitio e localizamos o que crimos era o miliario citado, tumbado xunto un muro do peche dunha casa hoxe en día deshabitada (non moi lonxe da devandita casa do Laxo), un fuste de granito, sen indicio de letras pero ben executado, cunhas medidas de 90 centimetros de longo e cun diámetro nos extremos de 37 e 40 centímetros. Aínda que non coincidían as medidas, pensamos que podía deberse a un erro ou que posteriormente á súa descuberta fora manipulado. Mais pouco despois enterámonos por un veciño de que o miliario atopado no ano 2001 desaparecera, levado por unhas persoas para non se sabe onde. O cilindro documentado por nós é, tanto pola súa tipoloxía como pola información recabada, outro miliario anepígrado que, ao parecer, foi trasladado nalgún momento non determinado dende as proximidades do castro de Vilela. (1ª foto).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Romanización de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6752483407
Lonxitude: -7.76538133621
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84