Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (Santa Comba)
Lugar: C.M.V.M.C. Mallou
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Tomando como referenza o camiño que vai dende Mallou ata o cruce coa pista da senda verde e dende este cruce a uns 485 metros en dirección aos petróglifos de Prousos Magos, chegamos ó desvío cara á esquerda. Logo de andar uns 200 metros pasando por unha zona de eucaliptos, o camiño comeza a subir á beira dun muro de pedra que vemos á nosa esquerda.
Tomando como referenza os petróglifos do Outeiro de Rego Lamoso, a uns 75 metros ó suroeste, ollamos un outeiro, o chamado do Corvo. A uns 15 metros ó suroeste deste outeiro onde se sitúan uns petróglifos, sitúanse outra estación na superficie dunha laxe de 2 x 2 metros que sobresae uns 0`90 cm do terreo. Nela ollamos combinacións circulares, de 34 cm de diámetro a maior, todas elas moi gastadas, con tramos de suco case desaparecidas. A laxe ten incursións de materiais de diferente composición que o resto da pena o que provocou que a pedra se gastase máis nas zonas brandas.
O acceso a esta última pedra é un pouco complicado pola vexetación de toxo que hay nos arredores.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. 2008, Santa Comba (2ª edición).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8056543709
Lonxitude: -9.09292489291
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84