Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (Santa Comba)
Lugar: C.M.V.M.C. Mallou
Outra denominación do ben: Petróglifos do Prouso
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Tomando como referenza o camiño que vai dende Mallou ata o cruce coa pista da senda verde e dende este cruce a uns 485 metros en dirección aos petróglifos de Prousos Magos, chegamos ó desvío cara á esquerda. Logo de andar uns 180 metros máis mnenos, pasando por unha zona de eucaliptos o camiño comeza a subir á beira dun muro de pedra que vemos á nosa esquerda. Na parte máis alta do camiño atopamos os gravados do Prouxo. Trátase dun conxunto moi variado de petróglifos nos que podemos ollar catro agrupacións de círculos concéntricos, coviñas ailladas e trazos rectos e curvos.
Situados a dereita do camiño, atopamos os primeiros nunha laxe de 1`20 x 1`30 metros de superficie e que apenas levanta 10 centímetros do chan. Nela apreciamos unha combinación circular de 30 cm de diámetro e o que semellan ser os restos de cercados de coviñas casi inapreciábeis.
Dous metros ó nordés desta laxe achamos achamos o segundo conxunto nunha laxe de 1`50 x 1`90 metros que apenas levanta sobre o terreo. Nela ollamos outra combinación circular de 31 cm de diámetro, unida a un cercado de pequenas coviñas, moi gastado por un estremo.
Outros dous metros ó noroeste sitúanse o terceiro grupo nunha laxe de 1 x 1`10 metros de superficie e que case nonlevanta sobre o nivel do chan. Eiquí ollamos unha composición circular de 40 cm de diámetro combinada con varios cercados de coviñas. A carón desta combinación destacan dous rebaixes cuadrangulares de arestas redondeadas de apenas 0`5 cm de profundidade.
Baixando uns 15 metros en dirección norte atoparemos o cuarto grupo na superficie dunha laxe de 2 x 2 metros, lixeiramente alombada. Nela ollamos unha combinación circular de 42 cm de diámetro, moi visíbel, da que saen varios trazos liñais que rematan en conxuntos de coviñas.
Todos estos gravados teñen o seu suco moi gastado. A pedra é de gran fino, bastante branda.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA-15020036
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. 2008, Santa Comba (2ª edición).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8052667056
Lonxitude: -9.09163206813
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84