Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Melide
Parroquia: Leboreiro
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Igrexa románica do século XIV, dunha soa nave e ábside semicircular. Na portada aparece a virxen co neno entre anxos. E no interior pódense ver algunhas pinturas murales de estilo renacentista datadas no século XVI. Atópase nun entorno de gran interese etnográfico por ser un núcleo tradicional dos vales do interior da provincia da Coruña que foi obxeto dunha gran remodelación.

No exterior da igrexa tamén se pode ver un cabazo típico da zoa da Ulloa e un antigo hospital de peregrinos que conta cun escudo da afamada familia. O pobo de Leboreiro xa aparecía antigamente no Código Calixtinus, e o seu nome derivaba do latín “campus leporarius” (campo de lebres)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda,  perto desta igrexa un bo día comenzou a manar auga dunha fonte que tiña a curiosa virtude de emitir luz durante a noite e un suave aroma durante as horas de día. Os aldeáns pensando que se trataba dun milagre excavaron no seu arredor e atoparon unha imaxe da virxe que foi levada asiña ata a igrexa. Pero a virxe desenterrada volvía cada noite ata o lugar da fonte, ata que un artista do lugar esculpiu unha talla da virse no tímpano da igrexa. Dende entón a virxe aceptou ficar na igrexa.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.88808967350638
Lonxitude: -7.9656873643398285
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84