
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...), Paisaxe natural,
Concello: Barbadás
Parroquia: Piñor (San Lourenzo)
Lugar: Forcelos
Outra denominación do ben: Penedo Vigón, O Enganido
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
No Monte de San Bieito da Cova do Lobo, en San Lourenzo de Piñor, concello de Barbadás (Ourense) hai un penedo denominado O Tangaraño, Penedo Vigón e tamén O Enganido, que serve como excepcional mirador sobre a cidade de Ourense, e é moi visitado durante a romería do San Bieito da Cova do Lobo por milleiros de peregrinos. Hai unha ermida a escasos centos de metros do Tangaraño. A igrexa, como sempre fixo, soubo aproveitar moi ben este enclave adxudicándolle os beneficios que podía aportar a milagres que facía o Noso Señor.
O Tangaraño é un xigantesco penedo, un típico bolo granítico de 15 metros de diámetro asentado enriba doutros penedos, de maneira que se pode pasar por debaixo del agachado. Dentro, nun curruncho hai unha poza que sempre, sexa verán ou inverno, está chea de auga.
Este lugar é, sen dúbida, un deses nos que a enerxía telúrica sae á luz, un lugar máxico, curativo, repoñedor. De sempre os habitantes dos arredores adxudícanlle propiedades curativas, sobre todo para enfermidades da pel, en especial as verrugas, tumores, bocio, feridas e especialmente para o raquitismo dos nenos, enfermidade coñecida como tangaraño.
Segundo a tradición popular, o tangaraño é un demo que ataca aos cativos deixándoos raquíticos.
Isto foi o que narrou Curros Enríquez no seu poema “Tangaraños”. O penedo furado sitúase nas inmediacións do santuario de San Benito da Cova do Lobo, en Piñor. Alí teñen que acudir tres Marías para ofrecerlle aos fillos ao Santo, dicindo Ten conta, santiño, Do meu tangaraño: Doente cho deixo, Devólvemo sano. O contorno da rocha destaca pola vexetación, con abundantes sobreiras e albedros.
Aos nenos entangarañados teñen que pasalos tres mulleres polo burato da Pedra do Tangaraño ou Penedo Vigón, dicindo a que o pasa:
—Ei María, aí che vai o tangaraño.
E respondendo a seguinte:
—Devólvocho san e salvo.
Tamén se logra a curación facéndolle uns nós a unha xesta e pasando o neno por riba da poza de auga.
Logo visten ao neno con roupa nova, abandonando alí as que levaba postas.
Por distintas zonas do penedo aparecen gravuras de cruces patriarcais con iniciais
Este penedo quixérono romper uns canteiros pero non houbo maneira, non entraban na pedra nin cuñeiros nin punteiros.
O nome de San Bieito da Cova do Lobo venlle da crenza de que o mesmo San Bieito andaba fuxindo de algo por aqueles montes e foise agachar nunha cova de lobo.
A romaría principal celébrase o 11 de xullo, aínda que o día 21 de marzo ten lugar o chamado San Bieito do Inverno.
Información: www.barbadas.es
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.barbadas.es/index.php?sec=Blog&ap=blog_visualizar&id_blog=275
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=301&n=o_tangara%F1o_de_barbad%E1s
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/07/12/fe-san-benito-vencio-o-tangarano/455357.html
http://unamiradaagaia.blogspot.com.es/2007/06/o-tangarao.html
http://www.culturagalega.org/roteiros/detalleextra.php?id=6&cod_rtro=5&cod_obx=103
http://www.panoramio.com/photo/53647605
http://www.panoramio.com/photo/35117588
http://www.panoramio.com/photo/35117580
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3159997768Lonxitude: -7.90339171886
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






3 comentarios
Gavilanes67 says:
Ago 9, 2014
http://www.ourensesiglo21.es/publicaciones/10.pdf (P.26-27-28)
En Barbadás, el rock de septiembre se llama “Tangaraño” - Concello de Barbadás says:
Xuñ 28, 2021
[…] tradicionales de Barbadás como el bar “O Carrabouxo” y el penedo de O Tangaraño forman parte de la pequeña historia, por el momento, de un festival de rock que nació en una […]
En Barbadás, o rock de setembro chámase “Tangaraño” - Concello de Barbadás says:
Xuñ 28, 2021
[…] tradicionais de Barbadás como o bar “O Carrabouxo” e o penedo do Tangaraño forman parte da pequena historia, polo momento, dun festival de rock que naceu nunha noite de […]