Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: O Xobre (Santa María)
Lugar: As Xunqueiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación moi rexa cunha sólida torre, pedras armeiras e una fermosa balconada de pedra nun dos seus recantos, que descansa enriba dun torreón semicircular de fábrica moito máis antiga. Da súa orixinaria estrutura do século XIII só conserva a torre, que seguramente fora de homenaxe, con grosos muros con derrame oblicuo na base con respecto ao resto da construción. Perdeu as ameas do remate sendo un muro sen vans e con gárgolas nos ángulos das esquinas e garitas de vixilancia.
Ao longo dos séculos, á fortaleza engádenselle novas dependencias en estilos que van dende o Renacemento ao Barroco, que transforman a antiga fortaleza militar a unha arquitectura palaciana.

Entre elas podemos ver a fachada central da actual construción, o claustro renacentista, rematado a principios do século XVII, de planta cadrada, con arcos de medio punto na súa parte inferior e columnas menores que suxeitan o teito na súa parte superior.

A fachada lateral oposta á torre da homenaxe está dominada por unha portada clasicista na que destaca a torre circular á que a balaustrada barroca engadida con posterioridade converteu nunha terraza-miradoiro.

Ordenou a construción orixinaria Fernán Martín de Xunqueiras no século XIII, sendo o controlador dun amplo territorio da súa contorna. Nas revoltas Irmandiñas derrúbase a fortaleza e só queda en pé a torre de homenaxe. A reconstrución levaría a cabo Estevo de Xunqueiras, fillo de Martín Rodríguez de Xunqueiras e dona Inés de Sotomaior, filla do todopoderoso Paio Gómez de Soutomaior, legado de Henrique III na corte do Gran Tamerlán. Este cabaleiro participou na conquista de Granada, co que acadou importante privilexios dos Reis Católicos, entre eles o señorío da Pobra do Caramiñal


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: HosteleiroOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca026.pdf (pax 4 do pdf)
Boga Moscoso, Ramón. Guía dos castelos medievais de Galicia. Edicións Xerais, S.A. 2003.
ISBN 84-9782-035-5


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5951280587
Lonxitude: -8.94932985306
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84