Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Ourense
Parroquia: Cabeza de Vaca (San Bieito Abade)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben: Castelo de Miraflores
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Cando un pensa na idade media, unha das primeiras imaxes que acude á mente é a dun castelo de impoñente muralla e colosal torre de homenaxe, articulado en torno a un patio de armas e protexido por un foso con ponte levadiza. Esta estampa tan común no imaxinario colectivo non concorda sen embargo coa do Castelo Ramiro, pois a súa destrución hai xa máis de cinco séculos, limita as pegadas da súa existencia a pouco máis que a un maltreito muro de mampostería camuflado entre a maleza e as edificacións modernas (depósito de auga).

Durante a Idade Media, o Castelo Ramiro foi, tal e como constata a documentación da época, a fortaleza por excelencia da cidade de Ourense.
Construído pala Mitra Episcopal a finais do s. XII, o Castelo Ramiro era o elemento que garantizaba o control da Igrexa Auriense sobre a cidade e os seus arredores.
As primeiras loitas políticas en que se viu implicada a fortaleza tiveron lugar durante os anos 1366 e 1369 no contexto da contenda sucesoria pola coroa de Castela entre Pedro I e Enrique de Trastámara.
Este conflito inaugurou unha liña de continuas pugnas entre a lgrexa e o Concello. Foi precisamente nos momentos máis conflitivos da conflagración cando se produciu o primeiro derribo da fortificación a mans dos habitantes da cidade.
Nembargantes, a vitoria militar de don Enrique e a instauración da monarquía trastamarista propiciou un reforzamento da autoridade eclesiástica sobre a cidade. Primeiramente, Enrique II confirmou os foros, privilexios e mercés concedidas polos reis antepasados a Sé Auriense, e, posteriormente, Xoán lordenou a reconstrución do Castelo Ramiro, outorgándolle, ademais, un importante privilexio que contemplaba un cambio toponímico polo que a fortificación pasaría a chamarse Castelo de Miraflor.
Por outra parte, a chegada ó trono da nova dinastía propiciou, o ascenso dunha nobreza de novo cuño que pronto se fixo con importantes cotas de poder nos dominios territoriais dependentes da Mitra Auriense, chegando a facerse co control do Castelo Ramiro. Sucesivamente, o Castelo Ramiro pasou polas mans de D. Pedro Enríquez de Castro, Conde de Trastámara, D. Fadrique Enriquez, Duque de Arjona, D. Diego Pérez de Sarmiento, Conde de Santa Marta, D. Alfonso de Pimentel, Conde de Benavente, e D. Alvaro Páez de Soutomaior. Tan so o acceso á cátedra episcopal de Frei Pedro de Silva no ano 1447 supuxo a recuperación das prerrogativas señoriais da Igrexa Auriense, de tal xeito que a Mitra Episcopal recobrou o control da fortaleza.
Así e todo, o clima de inestabilidade política no que vivía inmerso o reino, sumido en constantes disputas, provocou un crecente deterioro da orde social que se manifestou de xeito reiterado en constantes atropelos señoriais. Tal e como constata a documentación, os habitantes da cidade de Ourense foron repetidamente agraviados dende o Castelo Ramiro.
Roubos, ameazas, cobro indebido de rendas, agresións, mortes e mesmo violacións convertéronse en feitos habituais. Os disturbios padecidos pala poboación xeración tras xeración axudaron a madurar unha conciencia de animadversión que propicio u que a fortaleza fose derrocada novamente en 1467 no transcurso das Revoltas Irmandiñas. A súa destrución produciuse por orden da Irmandade local de Ourense entre os días 15 e 20 de abril dese mesmo ano, sinalando o punto de partida do proceso de derribo sistemático de fortalezas levado a cabo en toda Galicia polos axentes irmandiños entre os anos 1467 e 1469.
Unha vez finalizado o conflito Irmandiño o poder señorial foi restaurado e o Castelo Ramiro novamente reedificado. En razón do contrato de encomenda asinado en 1473 entre o prelado D. Diego de Fonseca e D. Rodrigo Alonso de Pimentel, Conde de Benavente, a fortaleza pasou a mans deste último. A partir de entón, coincidindo coa guerra sucesoria desatada na coroa de Castela entre Dna. Isabel “a Católica” e Dna. Xoana “a Beltranexa”, durante os anos 1474 e 1480, revivíronse novos episodios de violencia señorial que tiveron como protagonista a Galaor Mosquera, alcaide do Castelo Ramiro. A xeira de abusos prolongouse ata o intre en que os Reis Católicos iniciaron a súa campaña de pacificación do Reino de Galicia, comezando un proceso de represión de malfeitores e demolición de fortalezas que culminou coa definitiva destrución do Castelo Ramiro, executada polo comisionado Sancho Ruíz de Villegas a mediados do mes de novembro de 1486.
O derribo do Castelo Ramiro sinala o punto e final dun longo período de enfrontamentos políticos e atropelos señoriais. O seu derrocamento simboliza o fin dunha época turbulenta e o inicio do seu esquecemento.
El Castelo de Miraflores no es otro que el Castelo Ramiro.
No ano 1448, o Bispo Pedro de Silva dita unha ordenanza pola cal a feira de San Martiño pasa a celebrarse na praza do campo, centro da cidade, (anteriormente desde 1386 celebrábase á beira do castelo de Pena Ramiro), isto confirma o despegamento da cidade como centro de comercio, o cal procurará o renacer definitivo da cidade.

En 1975 construiuse na cima de este outeiro un depósito de auga, nesta obra desapareceron a maior parte dos poucos restos que quedaban de este castelo. Anteriormente a esta obra, fíxose un estudo dos restos existentes, e mesmo chegouse a facer un plano de como sería.
Actualmente apenas se localizan uns restos de un muro, e nas vivendas de Cabeza de Vaca algunha pedra que podería ter sido reutilizada do Castelo (Foto-2).

Poucas veces a practica desaparición de un ben coma este, ten tanta importancia na evolución positiva da historia de unha cidade.

Información: www.ourensesiglo21.es


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://plus.google.com/photos/103209179914376349026/albums/5229518753414467281?banner=pwa
http://www.ourensesiglo21.es/publicaciones/14.pdf
http://picosacro.blogspot.com.es/2008/08/castelo-ramiro-ourense.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Practicamente desaparecido todo rastro del, por mor da construción dun depósito de auga nos anos 70 do século XX.


Onde está localizado

Latitude: 42.3305677134
Lonxitude: -7.87968635559
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84