Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carballo
Parroquia: Oza
Lugar: Serantes de Abaixo
Outra denominación do ben: Agra do Castro / Bico do Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Trátase dun asentamento que foi fortificado a través de dúas estruturas, a principal ou croa, de forma circular duns 85 metros de diámetro norte-sur e 95 metros no eixo leste-oeste. O recinto exterior, cuadrangular con vértices redondeados duns 105 metros de lado, atópase defendido por un terraplén duns 2`5 metros de altura. A croa ocupa unha superficie duns 5500 metros cadrados ocupando na súa totalidade uns 9225 metros cadrados máis ou menos. O acceso ó recinto semella ser pola parte sur-oeste e pasando unha estrada a rentes do parapeto pola súa parte leste. Este castro coñecido por varios nomes, sitúase a uns 155 metros sobre o nivel do mar, ollándose ben dado que está situado no medio dunha chaira rodeada de campos de cultivo. O que é o castro en si, está cheo de vexetación, facendo case imposíbel entrar dentro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA-15019010
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/0095CA013.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2470331853
Lonxitude: -8.71927261373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84