Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Cartelle
Parroquia: Couxil (Santa María)
Lugar: Couxil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Esta ara de granito foi reutilizada como material de construción na igrexa parroquial de Couxil, localizada cando as obras de restauración na década dos anos noventa do pasado século XX, empotrada en posición horizontal. A preparación da pedra como sillar ocasionou a eliminación de parte da peza, se ben si se conserva o corpo central co texto epigráfico aínda que afectou ás primeiras letras do lateral esquerdo, principalmente ás da primeira liña que se perderon na súa totalidade. C. Búa Carballo (1999) propuxo a seguinte lectura: “PO/M P E IV SSA B I/N V S CVSV E/V S L M”, onde o nome do dedicante sería Pompeius Sabinus, e o da divindade Cusue Mepluceeco, proposta que revisa posteriormente para a divindade con outra posible lectura: Ampeluceeco. Mª Cruz González Rodríguez (2010), cre que é posible outra lectura con diferente división e restitución dos nomes: “[—] VSA B I/N ICVSV E/M EL VCE LO/V S L M”, “[—] us(?) Abi/nicus (?) Ve/melucelo (?)/v(otum) s(olvit) l(ibens) m(erito)”, onde o dedicante sería [—] us (?) Abinicus (?) e non Pompeius Sabinus, e o da divindade Vemelucelo (teónimo dun só elemento) e non Cusue Mepluceeco, situando a súa execución entre finais do século II e a primeira metade do século III d.C.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González Rodríguez, Mª Cruz: Problemas de división y restitución de nombres de divinidades indígenas en la epigrafía votiva del noroeste español: el ejemplo de Couxil (Cartelle-Ourense-Hispania Citerior).

Romanización de Galiza en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-ii.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2392856
Lonxitude: -7.9896012
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84