Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Cerqueda (San Cristovo)
Lugar: Aldeola
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
No alto dun pequeno outeiro, a 139 metros sobre o nivel do mar, no lugar de Aldeola, dominando un fermoso val agrario, sitúase o castro coñecido como Croa do Castro. Trátase dun recinto de planta ovalada cunhas medidas de 160 metros de lonxitude NO-SL e de uns 85 metros NL-SO, acadando unha superficie duns 1`075 Ha. Está cinguido por un potente parapeto e polo lado longo da parte Sur-Oeste, ben sendo case unha liña recta duns 135 metros de longo, formado por un talude duns 6 metros combinado coa defensa ou parapeto que o cingue duns 3 metros de alto cara o exterior e dun metro cara ó interior. Semella ter a entrada pola zona Nor-Oeste, estando cuberto de moita vexetación, na súa maioría fentos con algunhas silveiras. Na zona Sur-Leste, óllase unha lixeira depresión no parapeto o que semella ser a auténtica porta de entrada ó recinto. Esta acada maior altura a ámbo-los lados do acceso, ensanchándose e reforzándose nas beiras da entrada, respondendo ó modelo habitual da Idade de Ferro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MALPICADEBERGANTINOS/documents/26391CA001.PDF (páx.2).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.287441751Lonxitude: -8.79167556765
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
paeiro says:
Mar 29, 2015
Boas nova sobre este castro: Brais Capelán “La Croa do Castro vuelve a tener actividad casi 3.000 años después” La Voz de Galicia, 29-03.2015 [En liña] Dispoñible en: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/malpica-de-bergantinos/2015/03/29/croa-do-castro-vuelve-tener-actividad-3000-anos-despues/0003_201503C29C7993.htm
magago says:
Mar 31, 2015
Despois da limpeza practicada estes días, a posible porta podería atoparse na zona leste do castro.
magago says:
Abr 8, 2015
Corrixo o anterior. A porta podería estar na banda sur. Pode consultarse toda a información no web oficial do proxecto de posta en valor: croadocastrodecerqueda.net
Oscar Franco says:
Xul 29, 2020
Luz verde a novos traballos no xacemento da Croa do Castro de Cerqueda en Malpica. Así o recolle a prensa dixital do 26 de xullo de 2020:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2020/07/25/luz-verde-nuevos-trabajos-yacimiento-croa-do-castro-cerqueda-malpica/00031595703146014796156.htm