Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Camariñas
Parroquia: San Xurxo de Camariñas
Lugar: Lingunde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

No lugar de Lingunde no monte chamado os castros a unha altura de 11 metros sobre o nivel do mar, áchase un dos tres castros que ten a freguesía de Camariñas. Emprázase aproveitando un pequeno promontorio de aspecto puntiagudo e arrodeado polas augas da ría que o cinguen por tres das súas bandas. Ostenta pendentes acusadas e goza dunha visión e control estratéxico dos terreos circundantes.
As destruccións e agresións sufridas a través dos anos, impiden precisa-las características das construccións militares que protexían ó xacemento nos seus flancos máis débiles. É posibel apreciar vestixios dun parapeto, que polo sector do asentamento que se xuntaba coa terra firme, impedía os ataques procedentes do exterior. As medidas deste castro son case imposibles de determinar e o seu sistema de accesos é tamén case imposible de determinar.
Atópase cuberto dunha abondosa vexetación como piñeiros, toxos, silvas e moi diverso tipo de matorrais.
Non houbo ningunha escavación ou achádegos neste castro, e tampouco se fixeron estudos arqueolóxicos na zona.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen usoForestalResidencial
Código no Catálogo da Xunta: GA15016005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O estado de conservación é pésimo. Na actualidade as posibeis defensas do xacemento atópanse arrasadas, e seguen as agresións ó abrir camiños e as novas construccións que hai moi perto, ademáis da forte erosión que sofre por parte do mar.


Onde está localizado

Latitude: 43.13717154328425
Lonxitude: -9.175204038619995
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84