Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Negreira
Parroquia: Xallas (San Pedro)
Lugar: Agrís
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está situado a unha altitude de 300 m. nun interfluvio formado polo río de Xallas e un pequeno regueiro que é o seu afluente, o Rego do Castro. O val no que está o asentamento prolóngase a medida que discorre o leito do río ata a súa desembocadura no río Tambre. A situación nun pequeno outeiro permítelle divisar boa parte da súa contorna, ao ter as terras limítrofes a menor altitude que o asentamento. Ten un só recinto de forma ovalada desenvolto en dirección sur, aproveitando a configuración do monte no que se atopa. Rodea ao recinto unha muralla que ten as súas dimensión máximas na zona norte, por ser esta a banda con menor defensa natural, polos outros lados, esta refórzase coa presenza dos arroios que o cinguen e cun terraplén de 20 metros de desnivel ,aproximadamente. As medidas serían: N.S. :70 m., L.W.: 45 m.
Xerardo Agrafoxo no ano 1989 afirmaba que estaba: ”… bastante alterado polas recentes obras levadas a cabo nas estruturas militares que protexen a acrópole”. A día de hoxe está ateigado de carballos e eucaliptos. Na segunda foto cos planos lidar podemos apreciar mellor a súa estrutura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo Pérez, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra . Ed.Sementeira. S.A. Noia. ISBN 84-87848-02-8. Ano 1992
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NEGREIRA/documents/0245CA003.PDF (pax 18 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8962378896
Lonxitude: -8.86021614075
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84