Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina,
Concello: Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Xunqueira de Espadañedo (Santa María)
Lugar: Tesiños
Outra denominación do ben: O Rollo / Derrollo
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Estamos ante unha explotación aurífera de época romana que se sitúa nunha terraza do río de Niñodaguia a 670m de altitude. Trátase dunha explotación sobre gravas depositadas na base da serra de Monte Meda que alcanza unha pequena potencia que non excede moito dos 2 metros de profundidade e sobre cales os romanos aplicaron un método de beneficio aurífero selectivo mediante lavados superficiais, que presenta unha morfoloxía irregular.

Os niveis máis ricos en ouro eran explotados selectivamente, facendo sucesivos sucos converxentes por onde se arroxaba auga para arrastrar todo o conglomerado, deixando solo sobre o terreo os cantos rodados. Este tipo de explotación ofrece un aspecto moi característico, una especie de campo arado con enormes sucos e moreas de pedra.
Neste caso os romanos desviaron o curso do río de Niñodaguia, uns centos de metros mais arriba, por medio dun canal conduciron a auga que logo se precipitaba na zona por onde a encamiñaban. Esta auga arrastraba a terra, deixando no terreo solo as pedras (que vemos nas fotos) e depositando as gravas e o ouro en zonas estudadas, que logo recollían en unha operación mais minuciosa.

Posiblemente de esta relación co ouro, pola zona circulan varias lendas sobre tesouros e moedas, curiosamente todas relacionadas con ouro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32037004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Pola zona circulan varias lendas sobre tesouros e moedas, curiosamente todas relacionadas con ouro.
Como a de aquel veciño do próximo pobo de San Pedro que despois de votar unha sesta por estes montes chegou a casa de cor amarelo por o lado onde estivera deitado. Ó velo os veciños apresuráronse a preguntarlle en que lugar estivera durmindo, cando llo dixo, foron alá cavaron un pouco no terreo e apareceu unha ola chea de moedas de ouro.
Ou a que dicía que nun lugar próximo onde ata fai pouco existía un gran escambrón, arbusto este que sinalaba o lugar onde se atopaba un gran tesouro atuado polos mouros.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XUNQUEIRADEESPADANEDO/documents/27854ca004.PDF (P.63)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.326700975
Lonxitude: -7.64100730419
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84