Outra fotografía:

Tipo de ben: Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Samos
Parroquia: Santalla (San Xosé)
Lugar:
Outra denominación do ben: Ferrería eólica ou de monte
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval,
Descrición:

A ferrería de vento, situada na falda do Pico da Legua, constitúe a única deste tipo identificada en Galicia ate o momento.
Situada a case 1200 metros de altura e emprazada no borde dun penedo cunha caída de 30 metros sobre a ladeira, estaría formada por un túnel escavado da rocha e aberto cara o norte ao efecto de aproveitar o vento para axudar a acadar temperaturas de combustión suficientemente altas para separar o mineral da escoria.
Na contorna da chimenenea, no coso no que está enclavada, obsérvanse restos de escorias, así como marcas deixadas polo lume nas paredes de algunhas oquedades escavadas na rocha. Nese sentido é probable que constituíra unha pequena factoría preindustrial, se ben todos os detalles deben ser corroborados mediante unha investigación sistemática.
Localizada preto da confluencia dos concellos do Incio, Samos, O Courel e a Pobra do Brollón, trátase dunha zona con abundante mineral de ferro, cuia explotación ten deixado numerosas pegadas por todo o territorio. De feito, unha das minas de meirande importancia, a da Veneira de Roques, está situada a 3 quilómetros (en liña recta).
Con carácter xeral, se descoñece a época precisa de introdución desta tecnoloxía, mentres que o seu declive se establece nos séculos XII e XIII nos que pasa a ser substituída pola roda hidráulica (Zabala, 2007). Isto non quere dicir, que non fora empregada, no caso concreto que nos ocupa, en períodos posteriores, senón que a partir dese período o seu papel pasaría a ser crecentemente marxinal ou nulo.
Estas ferrerías esixían un inxente esforzo humano (que precisamente o emprego da roda permitiu aliviar) xa que o modo de separar as impurezas era marchar a martelazos o ferro incandescente (Zabala, 2007).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Zabala,M. (2007). Ferrerías-museo. Patrimonio y difusión de la siderurgia tradicional vasca. Rev. int. estud. vascos. 52, 1, 287-302


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6135910396
Lonxitude: -7.28499233723
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84