Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballedo
Parroquia: Oleiros (San Miguel)
Lugar: Oleiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa é de orixe románica dunha nave contruída en cadeirado de granito e cuberta en lousa a dúas augas. A portada principal é abucinada con dous arcos lixeiramente apuntados. Entrada alintelada con tímpano con relevos. Na portada lateral sobresae un arco de medio punto que apoia sobre dúas columnas, decorado con motivos xeométricos. A espadana é posterior, con dous vans rematada nun frontón triangular. Adro-cemiterio ao redor.
Xunto a igrexa hai un edificio en ruínas de amplas porporcións, construído en cadeirado de pedra ben traballada, con planta en U e patio interior. Aínda que actuou como reitoral, crese que puido acoller un pequeno mosteiro. Romaní Martínez, na súa obra “Colección diplomática del monasterio cisterciense de Santa María de Oseira” di que aquí tivo unha granxa o citado mosteiro. (Foto 2).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mosteiros de Galiza en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html

Pxomm do Concello de Carballedo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4747495107
Lonxitude: -7.73751854897
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84