Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Boiro
Parroquia: Castro (Santa María)
Lugar: Cabo de Cruz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Típico castro costeiro construído aproveitando a posición estratéxica do lugar que ocupa de Cabo da Cruz no medio da ría de Arousa. Orixinalmente, as vivendas e outras construcións deberían estenderse pola totalidade da superficie que hoxe ocupa o barrio do Campo.
Un dos resultados máis chamativos das escavacións desenvolvidas entre 1991 e 1994 foi a localización dun gran vertedoiro de lixo. Estaba composto fundamentalmente de restos de alimentos como cunchas de moluscos e ósos de peixes e mamíferos, pero tamén contiña moito material arqueolóxico, coma fragmentos de cerámica e obxectos metálicos.
O Castro do Achadizo tivo unha longa vida, xa que estivo habitado entre os séculos VI e I antes de Cristo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: GA15011027
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6126257777
Lonxitude: -8.88718038797
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84