Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Arzúa / Arzúa (comarca)
Parroquia: Dombodán (San Cristovo)
Lugar: A Torre
Outra denominación do ben: A Roda Grande
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro presenta unha única muralla apreciable, bastante deteriorada polo seu lado sur. No seu lado máis longo ten aproximadamente uns 120 metros de longo e no máis estreito uns 80 metros. Érguese uns 2 metros nas zonas máis conservadas. Non se aprecia ningunha intervención.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA 15006027
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Nese área ademais de existir outro castro moi preto, existe un lugar chamado a cova de Remesil ou cova dos mouros pola comunidade local, sábese que foi un xacemento de estaño xa explotado en época romana ( hai varios na contorna). Aínda que non está documentado en ningures, os veciños falan que na falda do prado que está o carón do castro existían moitos aterrazamentos e moito cachote describindo formas circulares hoxe desaparecidos pola intensa actividade agrícola na zona, tamén recordan haber metido maquinaria pesada para darlle forma o terreo.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARZUA/documents/22210CA006.PDF (pax. 4 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8680382985
Lonxitude: -8.20255994797
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84