Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Igrexa,
Concello: Ferrol
Parroquia: San Pedro de Marmancón
Lugar: Marmancón (Ferrol)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Exemplo de arquitectura relixiosa máis popular que culta, aínda que na súa orixe fose unha construción de templo románico ou contase no pasado cun interesante retablo barroco.
Posúe unha estrutura arquitectónica de planta rectangular, cun pequeno corpo no seu muro setentrional, ao que se accede dende a ábsida. Cara ao exterior, cada un dos corpos posúe entidade volumétrica propia, sobresaíndo sobre os demais o pertencente ao presbiterio. Os muros son de carga, feitos en cachotería, e sobre eles apoia unha cuberta a dúas augas.
Levouse a cabo un revestimento e posterior branqueado que enmascaran a práctica totalidade da fábrica dos muros exteriores (a última intervención realizouse en 1978). Excepción a isto é a fachada principal, na que se mantivo a pedra vista nunha ampla franxa horizontal, coa fin de resaltalo arco da porta: un dos principais intereses do conxunto. Devandito arco de medio punto está composto por grandes doelas e unha decoración de bólas, do que se deduce a súa antigüidade.
Interiormente posúe unha única nave e presbiterio, delimitados por un arco trunfal de medio punto, moi semellante (aíbnda que de diferentes dimensións) ao que dá acceso ao pequeno corpo lateral. A ornamentación é de grande sobriedade.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Destaca unha pequena talla realizada en alabastro da Virxe co neno e unha imaxe de San Pedro.
Tradición oral:
Segundo se recolle na tradición popular, a talla da Virxe foi atopada enterrada nun dos montes próximos á capela.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Enlace á ficha (B.6) do catálogo do PXOM (2000) vixente:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA005.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5285445035Lonxitude: -8.25523853302
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84