Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Olveira (Santa María)
Lugar: Olveira
Outra denominación do ben: Igrexa Vella de Olveira
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta rectangular feita a base de cantería de granito, con cuberta a dúas augas con tella curva do país. Posúe unha capela no lateral sur e sancristía engadida na súa cabeceira.
A nave principal divídese en catro tramos con tres arcos faixóns de medio punto apoiados sobre pilastras pegadas aos muros e contrarrestadas no exterior por contrafortes. No primeiro tramo da nave está a tribuna á que se accede por unha escaleira en forma de “L” no interior muro. Na fachada principal aparece unha porta de arco rebaixado, e xusto enriba dela un frontón triangular formado por molduras cunha imaxe da Virxe no tímpano. A continuación unha ventá rectangular. Remata en cornixa a dúas augas, e no seu vértice unha peaña sostén o corpo da torre formado por catro machóns unidos entre si por arcos de medio punto e rematada por unha cúpula cónica coroada por un pináculo.

Esta igrexa, que sustituíu a unha anterior de orixe románica, é unha das máis antigas do concello. Foi reconstruída no ano 1742, segundo reza a inscrición que se pode ver no arco da entrada.

Escavacións recentes permitiron descubrir restos románicos como a cripta, unha escaleira entre muros, un “Agnus Dei” e dúas columnas cos seus capiteis.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME198.pdf (Páxina 16)
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico;jsessionid=D27250F748F7A2ECEC8A4F273E6E6E65#visitar
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/03/24/1567069.shtml

BIBLIOGRAFÍA
“Ruta das cruces”. Proxecto Patrimonio Pesqueiro na Rede 2.0
Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5908096325
Lonxitude: -9.04699578881
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84