
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Olveira (Santa María)
Lugar: Bretal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Capela construída a base de cadeirado irregular granítico, con planta rectangular dunha única nave. A sancristía, tamén rectangular, atópase pegada no lateral norte. O seu teitume é a dúas augas con tella curva do país.
A fachada presenta porta de aceso rectangular, e sobre ela unha fornela con arco de medio punto no que podemos ver unha imaxe da Dolorosa. Máis arriba unha pequena fiestra dá paso a unha pequena espadana don só oco con remate en cruz pétrea.
No interior podemos ver a cuberta con bóveda de canón apoiada en dous arcos faxóns de medio punto que descansan sobre pilastras pegadas aos muros. Aos pés da nave sitúase unha tribuna de madeira á que se accede através dunha escaleira en forma de “L”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME198.pdf (Páxina 17)
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico;jsessionid=D27250F748F7A2ECEC8A4F273E6E6E65#visitar
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.593052803Lonxitude: -9.02461946011
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






2 comentarios
javier says:
Set 14, 2015
“A capela foi fundada en 1790, tal e como aparece inscrito nas pedras da fachada principal. A súa fundación correu a cargo do licenciado Roque Pillado de Orellán”.
Esta inscripción aparece na capela de Sirves non na de Bretal.
Oscar Franco says:
Set 15, 2015
Corrixido JAVIER.
Grazas polo teu apuntamento.
Un saúdo. Óscar