Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Olveira (Santa María)
Lugar: Campelos
Outra denominación do ben: Capela de Xesús, María e Xosé
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela construída no século XVIII, feita a base de cadeirado granítico e teitume a dúas augas con tella curva do país. Posúe planta rectangular cunha única nave dividida en dous tramos por un arco de medio punto apoiado en dúas pilastras pegadas ao muro. Na súa fachada podemos ver a porta de aceso rectangular sobre a que se dispón unha fornela coa imaxe da Sagrada Familia, moldurada e rematada por un arco rebaixado que se coroa cunha cruz rematada en volutas. A continuación ábrese un ocelo abucinado ao exterior e no vértice unha peaña sostén a espadana do campanario, formada por dous machóns unidos por un arco de medio punto que remata nun frontón curvo.
No interior consérvase un pequeno retablo rococó.

A capela, pertence ao Pazo de Gayoso, aínda que se atopa fora do recinto e separada por unha pequena pista. Erixiuse nese lugar debido a que alí había dúas sobreiras que haberían de protexela, e dos cales só se conserva un.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME196.pdf (Páxina 8)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=23034


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O retablo do interior da capela atópase en malas condicións e moi deteriorado.


Onde está localizado

Latitude: 42.6061567548
Lonxitude: -9.02733922005
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84