Cruceiro de capela do Espiñeirido
Catalogouno Oscar Franco o Set 4, 2014 • 12:00 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Corrubedo (Santa María)
Lugar: O Espiñeirido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro tipo Loreto ou de Capela, e está datado entre finais do século XVI e comezos do XVII. Cunha altura aproximada de 4,12 m., o cruceiro nace sobre dous chanzos sobre o que se apoia un varal de forma octogonal formado por varios bloques de pedra granítica.
A capela posúe un remate piramidal de catro lados polo exterior e con forma de cuncha no interior. No seu interior podemos ver unha talla da Virxe, que os veciños do lugar a coñecen pola Nai dos Remedios. A imaxe consta da Virxe co Neno no colo na man esquerda, e na man dereita podemos ver unha mazá. O rapaz aparece lendo un libro.
Por riba da capela aparece unha cruz cuadrangular coas aresta rebaixadas e cos brazos potentados con remates en floróns, na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.
O cruceiro aínda conserva restos da súa antiga policromía.
A talla da Nai dos Remedios é avogosa de tódalas enfermidades, pero en especial das dos osos. Foi parada obrigada para os defuntos de Espiñeirido.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150730502.html
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico
BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ PÉREZ, CLODIO. Os Cruceiros de Capela II. Concello de Santa Uxía de Ribeira.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
“Cuadernos de Estudios Gallegos”,Tomo XL, Fascículo 105, Santiago. 1992
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (1998). ESMOLEIROS E PETOS DE ÁNIMAS DA PROVINCIA DA CORUÑA. Ed: IR INDO.
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
REGUEIRA GONZÁLEZ, Domingo. (1986). PETROGLIFOS CRUCIFORMES, CRUCEROS Y PETOS DE ÁNIMAS. Ed: Concello de Riveira (Delegación de Turismo).
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA. SANTA UXÍA DE RIBEIRA. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRibeira.html)
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A porta moderna de aluminio con vidro da fornela restalle beleza non só á cápela, senón a todo o conxunto.
Onde está localizado
Latitude: 42.5930818293Lonxitude: -9.05999913812
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84