Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Olveira (Santa María)
Lugar: Reirís
Outra denominación do ben: Cruceiro de capela do Viso
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro tipo Loreto ou de Capela que data de finais do século XVI e comezos do XVII.
Cunha altura total de 5,30 m., este cruceiro do Viso nace de dous chanzos cadrados. O seu fuste, de 60 cm. de ancho e 2,20 m de alto, está formado por varias pedras e é de sección octogonal.
A cápela é sinxela, co teito redondeado, e por dentro a bóveda imitando unha cuncha. Tanto o lintel como as xambas teñen a aresta interior chanfrada. A imaxe que podemos ver no interior da fornela é a da Nosa Señora dos Remedios. Trátase dunha talla moi restaurada na que aparece a Virxe co Neno no brazo esquerdo, e cunha mazá no dereito. A Nai ten coroa e veo, e o Fillo posúe un libro aberto entre as mans.
A cruz posúe os remates potentados en floróns. Nela aparece a figura de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.
Conserva restos de policromía .

Este cruceiro atópase nunha encrucillada que no pasado quedaba no medio do monte, lugar que antano era moi concorrido pois por el transitaba o camiño tradicional para Xuño, pasando por Seráns, Bazoñas, Alboredo, etc.
Tradicionalmente no seu arredor enterraban os fetos humanos ou meniños que nacían mortos ou non chegaban a ser bautizados.

O cunxunto posúe un pequeno altar na parte posterior.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150730705.html
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico

BIBLIOGRAFÍA
“Ruta das Cruces”. Proxecto Patrimonio Pesqueiro na Rede 2.0. Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño.
GONZÁLEZ PÉREZ, CLODIO. Os Cruceiros de Capela II. Concello de Santa Uxía de Ribeira.
“Cuadernos de Estudios Gallegos”,Tomo XL, Fascículo 105, Santiago. 1992
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
REGUEIRA GONZÁLEZ, Domingo. (1986). PETROGLIFOS CRUCIFORMES, CRUCEROS Y PETOS DE ÁNIMAS. Ed: Concello de Riveira (Delegación de Turismo).
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA. SANTA UXÍA DE RIBEIRA. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRibeira.html)

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Segundo os veciños do lugar, durante a etapa da República a imaxe da Virxe foi baixada e desfeita, pero un señor do lugar xuntou os anaquiños e apegounos con cemento.


Onde está localizado

Latitude: 42.5943040862
Lonxitude: -9.03783068061
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84