
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribeira
Parroquia: Ribeira (Santa Uxia)
Lugar: Ribeira – Rúa de Galicia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Tamén coñecido como Cruceiro de Capeliña no Castelo atópase situado no barrio do Castelo, en pleno centro do núcleo urbano de Santa Uxía, nunha rúa peonil próxima ao porto. Responde á tipoloxía de cruceiro de capela. A bancada consta de tres chanzos de altura regular (foron recortados polo lado da rúa, para das mais espazo a esta). Sobre a última bancada aséntase o pedestal cúbico, dunha única peza. Segue o fuste ou varal, octogonal, formado por catro toros de perpiaños aparellados. O capitel é moi baixo, sobre o que se asenta a xanela, formada por catro pedras: unha por detrás, dous laterais e a que fai de tellado (redondeada) ou bóveda avieirada.
A imaxe da virxe corresponde á Virxe da Saúde, artisticamente é unha das mellores do concello. Pertence á iconografía tradicional propia destes monumentos marianos: longos cabelos que chegan até os ombreiros, cubertos co veo ou manto e, sobre o unha traballada coroa de raíña. Na man dereita colle a simbólica mazá e coa esquerda sostén ao Neno Xesús que ten nas mans unha bóla, o globo terráqueo. A vestimenta está ben rematada, con abundantes dobras e pregos. Non hai dúbida que o Xesús crucificado está feito por distinta man, menos experta na arte de labrar a pedra.
A cruz sae do medio do tellado da capela. Esta é de sección cuadrangular, coas arestas rebaixadas e cos extremos rematados nun adorno sinxelo, que quere asemellar o das cruces ancoradas, excepto o brazo superior que lle falta. A imaxe carece dos máis elementais trazos anatómicos, mesmamente os da faciana son moi sinxelos e primitivos. Ten ben marcada a coroa de espiñas sobre o longo cabelo que lle pasa dos ombreiros, coa cabeza levemente inclinada cara á dereita e por detrás o nimbo cunha cruz inscrita. O pano de pureza ten o nó á dereita. Está suxeito á cruz con tres cravos, apoiando o pé dereito sobre o esquerdo, quedando só exento nos xeonllos. O cruceiro, contando os chanzos, mide 3,65 m de alto. A única inscrición coa que conta é a da placa de mármore apoiada sobre a base: “”Virgen de la Salud, 1867″”. Realmente non se trata da data de construción senón máis ben da data dun arranxo ou restauración.
Ten unha pequena caixa de madeira para as esmolas suxeita con cadea e candado.
Durante o horario comercial, utilizase como complemento do negocio que ten arredor, servindo de expositor para a froita.
Información: turismo.riveira.es
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico;jsessionid=6ED1F15A66D65E08684FD0F19EB1F540#visitar
http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/cruceiros-capelina/idNoticia-160301/
http://fundacionortegalia.blogspot.com.es/2011/02/os-nosos-cruceiros-historia-artistas.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5569518515Lonxitude: -8.991740942
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Set 4, 2014
Algunha bibliografía máis sobre este cruceiro:
* “Ruta das Cruces”. Proxecto Patrimonio Pesqueiro na Rede 2.0. Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño.
* GONZÁLEZ PÉREZ, CLODIO. Os Cruceiros de Capela II. Concello de Santa Uxía de Ribeira.
“Cuadernos de Estudios Gallegos”,Tomo XL, Fascículo 105, Santiago. 1992
Oscar Franco says:
Mar 16, 2015
Este peto tamén aparece na seguinte referencia bibligráfica:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998