
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribeira
Parroquia: Ribeira (Santa Uxia)
Lugar: Ribeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Esta Igrexa parroquial é o principal templo do concello, de estilo neoclásico e erixido entre 1861 e 1864, é obra do arquitecto Faustino Domínguez. Viño a substituír a primitiva igrexa, situada na praza de Compostela (por aquel entón coñecida como Praza da Constitución).
A Igrexa consta de tres naves de bóveda de medio canón. Ten planta de cruz latina con capelas laterais na nave central. A cubrición é de bóveda de canón sobre arcos de perpiaño de medio punto que repousan sobre pilastras. As capelas cóbrense con bóveda de aresta. O cruceiro está rematado por unha cúpula e o presbiterio por un solideo esférico. Cara ao exterior a cuberta é a dúas augas con tella. Os muros son de cantaría careada e a fachada de cantaría de granito. A fachada principal ten unha composición neoclásica típica da Escola de San Fernando e é flanqueada por torres-campanario. O corpo central está formado por dous machóns laterais, con cadansúa fornela e é rematado cun frontón triangular. No entrepano central hai unha porta rectangular, lixeiramente moldurada e, sobre esta, unha xanela semicircular que ilumina o coro.
Alberga no seu interior algunhas tallas de importancia, como a do Sepulcro (elaborada en madeira de buxo e con incrustacións de prata), ou a de San Roque; de menor tamaño atopamos figuras de S. Miguel, S. Andrés e S. Bieito. Algúns ornamentos (medallóns incrustados na parte posterior) no seu interior apuntan a obxectos románicos trasladados da anterior igrexa. Posteriormente, realizouse a escalinata e a balaustrada, obra do Portugués. Tamén conta cun cáliz e un via crucis de gran valor. Xa en tempos do alcalde Ventoso Mariño, foi decorada a praza e o adro cun xardín.
Información: turismo.riveira.es
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico;jsessionid=6ED1F15A66D65E08684FD0F19EB1F540?lenguajeId=gl
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=10853&ctre=31
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME198.pdf(P.3)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5543645797Lonxitude: -8.99199038744
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84