
Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (San Mamade)
Lugar: Cubelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Bo exemplar de hórreo pertencente ao tipo fisterra, que apoia sobre 12 pés con tornarratos circulares, onde van apoiadas laxes en horizontal para facer de linteis na base dos muros da cámara. Esta vai feita con perpiaño de pouco grosor e colocado en ringleiras horizontais. Tellado a dúas augas con tella curva do país. A ventilación é a que proporciona a propia irregularidade de asentamento das pezas de pedra na cámara. Os penais non se diferencian do resto dos muros da cámara e tanto estes como a cámara levan sobrepenas. No cume dos penais non leva adorno, pero conservan dúas bases cuadrangulares. Ao seu carón hai outro do mesmo estilo, pero moito máis pequeno.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8736878968Lonxitude: -9.06060397625
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84