Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Ribeira (Santa Uxía)
Lugar: Deán Grande
Outra denominación do ben: Cruceiro de capeliña en Deán Grande
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de capela duns 4,20 m. de altura que nace sobre un chanzo moi desgastado, aínda que outras fontes falan de tres chanzos. A súa base cúbica da paso a un varal octogonal formado por varios bloques graníticos. Aproximadamente no medio hai un peto para as esmolas perforado na mesma pedra, con porta de ferro.
A capela posúe un teitume abovedado, de base tronco piramidal invertida, protexida por unha porta de cristal e marco de madeira. Aínda que na soleira figura escrito Santa Clara, a iconografía da imaxe que se acha dentro non ten nada que ver coa desta santa, pois é a tradicional dos demais cruceiros de cápela do concello de Ribeira: a Virxe María co Neno Xesús no colo, e cunha maza na man dereita. Se trata dunha advocación popular recente, que xurde co gallo da construción da moderna igrexa de Santa Clara, emprazada non lonxe do cruceiro. A talla, de escaso valor artístico, é repintada por un veciño do lugar.
O conxunto remata cunha cruz cuadrangular de brazos potentados.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150730901.html
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico;jsessionid=8EBED15987E7E546345811B23E05A91E

BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ PÉREZ, CLODIO. Os Cruceiros de Capela II. Concello de Santa Uxía de Ribeira.
“Cuadernos de Estudios Gallegos”,Tomo XL, Fascículo 105, Santiago. 1992
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
REGUEIRA GONZÁLEZ, Domingo. (1986). PETROGLIFOS CRUCIFORMES, CRUCEROS Y PETOS DE ÁNIMAS. Ed: Concello de Riveira (Delegación de Turismo).
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA. SANTA UXÍA DE RIBEIRA. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRibeira.html)

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5717374487
Lonxitude: -8.99255365133
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84