Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Brión
Parroquia: San Salvador de Bastavales
Lugar: Soutullos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O actual edificio data do segundo tercio do século XVIII, como consta no dintel da porta lateral: “Esta ygla se hizo siendo cura D.Juan Antonio Varela 1737”. Anos despois, 1749, reedificouse a sacristía e o presbiterio. Quedan restos dunha capela románica anterior, como a parede frontal e unha da laterais. Na primeira existe unha fiestra moi estreita, tapada por fóra e oculta no interior polo retábulo, o que non permite saber se ten derrame. Románicas tamén son dúas columniñas xeminadas con capiteis, que agora fan de peana de unha imaxe. O actual edificio é moi sinxelo, con espadana sobre a fachada para dúas campás, porta de arco estriado e por enriba un óculo.A súa planta é rectangular, con cuberta de madeira, tanto a igrexa coma a sacristía. O retábulo data de finais do XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez
ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA005.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA023.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.83214715102454
Lonxitude: -8.663524389266968
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84