Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Ribeira (Santa Uxia)
Lugar: Deán Pequeno
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de capela do ano 1646 segundo reza a inscrición do propio autor do cruceiro:
ISOLO AN
DRES GO
MES FDO
1640.

O cruceiro nace directamente dun varal cadrado coas arestas rebaixadas, agás nos comezos e nos remates. Está formado por catro bloques de pedra.. Os antigos dous chanzos están soterrados baixo o cemento.
A capela posúe unha base tronco piramidal invertida coa imaxe dun anxo alado, teitume a catro augas, e no interior a figura policromada da Virxe co Neno.
o conxunto remata nunha cruz cuadrangular cos extremos dos brazos potentados, no que aparece a figura de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/150730902.html
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico;jsessionid=8EBED15987E7E546345811B23E05A91E

BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ PÉREZ, CLODIO. Os Cruceiros de Capela II. Concello de Santa Uxía de Ribeira.
“Cuadernos de Estudios Gallegos”,Tomo XL, Fascículo 105, Santiago. 1992
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
REGUEIRA GONZÁLEZ, Domingo. (1986). PETROGLIFOS CRUCIFORMES, CRUCEROS Y PETOS DE ÁNIMAS. Ed: Concello de Riveira (Delegación de Turismo).
GARCÍA PERMUY, Carlos. (1993/94). OS CRUCEIROS DE CAPELIÑA NA TERRA DO BARBANZA: OS “LORETOS”. Brigantium, boletín do museo arqueolóxico e histórico de A Coruña”, vo. 8.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). MÁIS DE 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA. SANTA UXÍA DE RIBEIRA. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMRibeira.html)

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A súa posición actual é completamente aberrante. Pegado ao muro dunha casa particular a cal non deixa ver a inscrición dunha das súas caras.
O “arranxo” da contorna é simplemente horrible.


Onde está localizado

Latitude: 42.5648205975
Lonxitude: -8.99592105747
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84