Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Ribeira (Santa Uxía)
Lugar: Xarás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Ermida románica coa súa orixe no século XI aproximadamente, que se atopa a 207 metros de altitude, no lugar que antigamente existira un castro que logo foi cristianizado.

A capela é de planta rectangular e feita a base de cadeirado granítico con teitume a dúas augas con tella curva do país, e aínda que sufriu moitas reformas, conserva da súa fábrica orixinal románica do século XI o presbiterio coa súa ventá na cabeceira, construída en honor a Santo Alberte, protector de mariñeiros e labradores. O resto da nave pertence ao século XVIII ao igual que a sancristía que se engadiu no lateral norte do presbiterio, e na que foron reciclados materiais doutra capela.

A capela maior conserva dúas semicolumnas pegadas ao muro e unha ventá románica con arco de medio punto con ribete exterior e apoiado en ménsulas e dúas columnas con base e capitel.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Coñecida como a romaría do “cambio de tella”, conta a tradición que ao mover unha tella da cuberta da ermida dende un punto cardinal ata o contrario, podían regular a dirección do vento no sentido que crían máis favorable. Normalmente, era feita polas mulleres dos mariñeiros coa intención de acelerar a chegada dos seus homes a porto.

Hai outra tradición moi arraigada nesta ermida. Consta en lanzar unha tella, dende unha distancia que determina o lanzador, e acertar dentro da fiestra. Se a tella non cae ao chan, permanecendo baixo a fiestra, ao cabo dun ano conseguirase mozo. Se non se acerta á primeira pódese tentar as veces que se queira, pero os anos en atopar mozo corresponderán ao número de veces que se tire a tella. De aí a famosa frase de “tirar os tellos” como sinónimo de buscar mozo/a. Esta costume ven refutada pola seguinte copla:

“San Albertiño querido,
non che veño pedir pan,
véñoche pedir un home,
que faga tremer o chan”.


Historia recente do ben:

A prensa escrita do 30 de novembro de 2020 denuncia o deterioro da ermida e da contorna (ver referencia bibliográfica).


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME198.pdf (Páxina 5)
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico;jsessionid=8EBED15987E7E546345811B23E05A91E

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/11/30/tejas-cargando-parte-patrimonio/0003_202011B30C2992.htm

BIBLIOGRAFÍA
“Ruta das Cruces”. Proxecto Patrimonio Pesqueiro na Rede 2.0. Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5775049457
Lonxitude: -8.99680495262
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84