Igrexa de Santa María de Corrubedo
Catalogouno Oscar Franco o Set 5, 2014 • 8:59 a.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Corrubedo (Santa María)
Lugar: Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa edificada no ano 1907 polo mestre canteiro J. Rey Bretal a base de cadeirado granítico e teitume a dúas augas. De planta rectangular, a edificación posúe unha única nave lonxitudinal con dúas capelas laterais, capela maior e sancristía.
A nave divídese en catro tramos por tres arcos faixóns de medio punto que sosteñen a bóveda de canón. No primeiro tramo atópase a tribuna á que se accede por unha escaleira en “L” pegada ao muro. No segundo tramo ábrese unha segunda entrada rematada por un arco rebaixado. No terceiro tramo, o cruceiro ten unha capela a cada lado, de planta rectangular e ás que se accede por un arco de medio punto. Dende o presbiterio accédese á sancristía por unha porta situada no muro do fondo.
No exterior da igrexa podemos ver os muros cubertos con reboque pintado de branco. A porta principal de aceso posúe un arco rebaixado e sobre a mesma unha ventá coa mesma forma. O conxunto remata cunha espadana con dous arcos de medio punto.
No interior se conservan os restos da antigua construción románica, un retablo da Asunción e unha imaxe da Virxe do Cabo sostesto un barco na man.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
A lenda di que a imaxe da Virxe do Cabo que se atopa no interior da igrexa atopouse no cabo de Corrubedo no século XVII, no lugar onde hoxe en día se erixe o faro.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME198.pdf (páxina 12)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=23045&ctre=31
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico
http://www.arosanorte.net/Iglesia%20Santa%20Maria%20de%20Corrubedo%20(Riveira).htm
BIBLIOGRAFÍA
“Ruta das Cruces”. Proxecto Patrimonio Pesqueiro na Rede 2.0. Confraría de Pescadores de Carreira – Aguiño.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5734944191Lonxitude: -9.07391577959
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84