Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Ribeira
Parroquia: Palmeira (San Pedro)
Lugar: Insuela - Praza da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:

A construción desta igrexa comeza no ano 1707 pola parte posterior tal e como aparece inscrito no alto dunha das columnas, e remata en 1907 segundo os planos do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez. A fachada é obra do arquitecto Antonio Patiño. Está feita a base de cantería de granito con teitume a tres augas con tella curva do país
Posúe planta de cruz latina, con dúas dependencias na cabeceira. A nave principal divídese en cinco tramos mediante arcos faxóns de medio punto que sosteñen unha bóveda de canón, salvo no cruceiro onde a bóveda é de aresta. Ás capelas laterais accédese a través dun arco de medio punto.
De todo o conxunto destaca a fachada principal, cunha porta principal con arco de medio punto, e sobre ela un frontón triangular con reloxo circular no tímpano. Na parte superior hai unha ventá semicircular acompañada por outro arco semicircular, con vestixio compositivo de arco triunfal. No vértice da fachada, a torre-campanario, de planta cadrada e formada por dous corpos rematando en cúpula con catro machóns no corpo inferior unidos por arcos de medio punto. A cúpula coroase cunha cruz. Ambos corpos están separados por una cornixa con pináculos nos extremos.

No interior podemos ver diferentes elementos como a pía bautismal, un dos poucos elementos que se conservan da antiga igrexa, posiblemente románica.
Como elementos artísticos, a igrexa de palmeira conserva unha talla da Virxe da O (atribuída a Rivas e proveniente da ermida da Lomba), o recipiente de auga bendita en forma de molusco, o tornavoz tallado sobre o púlpito, o o campanil románico do exterior.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/RIBEIRA/documents/0347ME198.pdf (Páxina 6)
http://turismo.riveira.es/portalRiveira/visor/turistico
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=23042&ctre=31


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5785793794
Lonxitude: -8.95973950624
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84