Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Lampón (Santiago)
Lugar: A Madalena
Outra denominación do ben: Cruceiro en Santiago de Lampón
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de forma octogonal. A súa base cúbica, coas arestas superiores rebaixadas, posúe unha serie de inscricións moi desgastadas na que aparece o ano da súa feitura: 1866.
O varal é cadrado nos extremos e octogonal no centro.
O seu capitel, de estilo xónico con volutas, da paso a unha cruz de brazos potentados no que podemos ver a imaxe de Cristo crucificado no anverso, e da Virxe sobre peaña con cara de anxo, con coroa e as mans entrelazadas no reverso.

O cruceiro non se atopa no seu lugar orixinal. Foi restaurado por Escultura-Opaso. O varal non é o orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA004.PDF (Páxina 13)
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/150110706.html

BIBLIOGRAFÍA
MARTÍN RUÍZ, Luis. Cruceiros na provincia da Coruña. Deputación da Coruña. 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6406872773
Lonxitude: -8.90431433916
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84