Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Lampón (Santiago)
Lugar: Goiáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pazo fundado a mediados do século XVI formado por un edificio principal con forma de L feito en cadeirado granítico e teitume a dúas e tres augas con tella do país. No seu interior destacan unhas escaleiras que van subindo por salas abovedadas ata chegar á parte superior da torre cadrada tipo minarete cun miradoiro balaustrado. Esta torre foi derruída en parte durante as revoltas Irmandiñas e restaurada posteriormente por Domingo de Andrade, autor da torre da Berenguela da Catedral de Santiago.
Posúe cinco labras heráldicas das linaxes que viviron no pazo: Soutomaior, Caamaño, Mariño, Varela, Ulloa, Mendoza, Castro e Parga, Castro, etc.

No interior da finca tamén podemos ver edificios auxiliares: unha capela (onde se venera á Virxe da boa viaxe ou Virxe de Belén), pombais, unha fonte de pedra que representa unha serea, varios alpendres, estatuas, dúas pesqueiras, e un embarcadoiro ao río Coroño.

Neste pazo viviu e creou historia a familia Mariño, unha das liñaxes máis influíntes da historia galega.

Os dominios deste pazo chegaban ata as illas de Sálvora, Vionta e Noro, na entrada á ría de Arousa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

A prensa escrita de agosto de 2019 recolle a boa nova dos iniciosde restauración de todo o pazo para o seu uso como museo e Casa da Cultura (verreferencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA002.PDF (Páxina 14)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2008/04/20/o-sono-final-dos-pazos-ii-o-pazo-de-goians-en-boiro/
http://www.arosanorte.net/Torre-Pazo%20de%20Goians%20(Boiro).htm
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=20329&ctre=36
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/01/18/0003_6488665.htm
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/la-compra-del-pazo-de-goians-se-cierra-en-dias/idEdicion-2010-07-18/idNoticia-570384/
http://www.cameliagalicia.com/Publicaciones%20varias/2008-camelias%20BarbanzaSEC.pdf

Boiro salva o pazo de Goiáns, un monumento do século XV que estaba na Lista Vermella


https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/arranca-boiro-restauracion-integral-pazo-goians/idEdicion-2019-08-03/idNoticia-1196698


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.644793114
Lonxitude: -8.90002682805
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84