Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Brión
Parroquia: Os Ánxeles
Lugar: Os Ánxeles
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A freguesía de Santa María dos Ánxeles foi chamada ata o s. XVI como Santa María de Pérros. Coa penetración do castelán, este topónimo, foi considerado inxurioso e substituíuse o topónimo, que parecía denominar aos cans, polo nome dunha pequena aldea, Os Ánxeles, na que había unha capela, que foi clausurada e a súa imaxe trasladada á igrexa parroquial. A igrexa actual foi construída no s. XVIII. Gloria Gende Franqueira distingue dúas tempadas no actual templo, a primeira dende 1748 ata 1755, e a segunda, dende 1772 a 1778. O proxecto poidérase deber a Francisco Antonio Fernández Sarela, pai do máis coñecido Clemente Fernández Sarela, autor da fachada da Casa do Cabido na praza da Quintana. A súa planta é rectangular e dunha única nave con ábsidas laterais. O máis representativo é a súa fachada principal, que segue o esquema das igrexas barrocas do rural galego. Nesta aparece unha grande portada sobre a que se abre unha fornela coa imaxe da Virxe. Sobre esta disponse un reloxo. O conxunto aparece franqueado por unha torre campanario de estilo barroco.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Brión, Historia Economía Cultura Arte Clodio Gonzalez Pérez
ISBN 84-89129-09-6 Ed. Toxosoutos
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA005.pdf (Pax 4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8490137898
Lonxitude: -8.67560505867
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84